UNICEF alarmada polas mortes de migrantes e refuxiados no Mediterráneo
UNICEF expresa a súa alarma ante o número de persoas migrantes e refuxiadas mortas durante a semana pasada no Mediterráneo central, moitos dos cales se cre que eran menores non acompañados.Anticipándose a un posible aumento de nenos migrantes e refuxiados que utilicen este perigoso paso entre Libia e Italia, UNICEF comezará unha operación co goberno italiano e os seus aliados para prestar servizos de protección.
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.