Tifón Melor: a preparación ante desastres foi fundamental para minimizar o seu impacto nos nenos
UNICEF eloxia as accións que o goberno de Filipinas puxo en marcha para minimizar os danos humanos e materiais causados polo tofón Melor. Unha mellor coordinación do goberno, as evacuacións preventivas e a planificación da resposta, demostraron que un país propenso a sufrir desastres pode unirse para protexer a vida dos seus cidadáns, especialmente os nenos.
O pasado domingo 13 de decembro
Melor/Nona pasou de tormenta tropical a tifón, e o goberno comezou
a preparar a resposta a todos os niveis, desde o presidente Benigno
Aquino III, aos traballadores de emerxencias locais. Filipinas
mostrou que o investimento en recuperación a longo prazo pode
salvar vidas e diminuír o impacto dos desastres.
?Estamos impresionados porque o
goberno tomouse as medidas de preparación moi en serio. As
evacuacións preventivas e o gran compromiso que mostraron para
salvar vidas beneficiaron a cada persoa que vive nas zonas polas
que pasou o tifón Melor, especialmente aos nenos, que necesitan
atención e coidado especial nas emerxencias?, dixo a representante
de UNICEF en Filipinas, Lotta Sylwander.
Desde o comezo da resposta ao
tifón Haiyan, o traballo de UNICEF en Filipinas en preparación ante
desastres e emerxencias complementa os esforzos do goberno para que
comunidades e servizos sociais básicos sexan máis resistentes e
estean orientados aos nenos. O investimento dos dous últimos anos
en redución de risco de desastres, saúde e nutrición, auga,
saneamento e hixiene, educación, protección infantil e política
trouxo grandes beneficios e promoveu unha cultura de preparación
ante desastres entre os traballadores sanitarios, profesores e
traballadores de emerxencias, entre outros. Isto demostrouse nos
tifones posteriores e, máis recentemente, no tifón Melor.
UNICEF traballou estreitamente co
goberno, a sociedade civil, o mundo académico e os nenos mediante
diversas accións para aumentar a capacidade de recuperación e
protexer e promover os dereitos dos nenos a longo prazo. Algúns
exemplos de UNICEF nesta área son:
Restablecemento do sistema de
almacenamento, transporte, distribución e administración de
vacinas.
Investimento en enerxía solar
para afrontar os cortes de electricidade.
Promover a colaboración entre os
gobernos locais, o mundo académico e a sociedade civil para facer
plans de resposta de saúde en emerxencias para os traballadores
sanitarios locais das Oficinas de creación de capacidades en
Redución de Risco de Desastres e Xestión.
Ofrecer oportunidades aos nenos e
mozos para que se involucren nas actividades comunitarias de
preparación ante desastres.
Traballar con oficiais de
educación para adoptar Plans de Mellora das Escolas que incorporen
elementos de promoción da educación, saúde e seguridade dos
nenos.
Mentres o tifón abandona o país,
UNICEF e o resto de organizacións de Nacións Unidas continúan
preparados para actuar. UNICEF conta con subministracións para
12.000 familias e está listo para axudar ás axencias do goberno
responsables de garantir os dereitos da infancia.
Más información:
Zafrin Chowdhury, xefe de comunicación, UNICEF Filipinas, Tel: +632 901 01 77, móvil: +63 917 867 8366, zchowdhury@unicef.org
Marge Francia, oficial de comunicación, UNICEF Filipinas, Tel: +632 901 01 73, móvil: +63 917 858 9447, mfrancia@unicef.org
Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, bvicente@unicef.es