Violencia en Nixeria: os atentados suicidas protagonizados por nenos multiplícanse por 11
A espiral de violencia en Nixeria e os seus países veciños déixanos datos desgarradores. O ano pasado, 44 nenos foron utilizados como suicidas en atentados contra a poboación en Nixeria, Camerún, Chad e Níxer. Ou o que é o mesmo, once veces máis que o ano anterior, cando 4 nenos foron obrigados a quitarse a súa vida e a dos do seu ao redor.
VIOLENCIA EN NIxERIA: 3 DATOS ALARMANTES
O informe, publicado dous anos despois do secuestro das 200 estudantes de Chibok, revela tendencias alarmantes nos 4 países afectados afectados por Boko Haram:
- Entre xaneiro de 2014 e febreiro de 2016, Camerún rexistrou o maior número de ataques suicidas perpetrados por nenos (21), seguido deNíxer (17) e Chad (2).
- Nos últimos dous anos, case1 de cada 5 atacantes suicidas con bombas era unneno ou nena. O ano pasado, os nenos foron utilizados en 1 de cada 2 ataques enCamerún, en 1 de cada 8 enChad e en 1 de cada 7 enNixeria.
- O ano pasado, os ataques suicidas con explosivos propagáronse por primeira vezmáis aló das fronteiras de Nixeria. A frecuencia destes ataques aumentou de 32 a 151 nun só ano.
VIOLENCIA EN NIxERIA: TRAS A LIBERACIÓN, chEGA A DISCRIMINACIÓN
VIOLENCIA EN NIxERIA: 1,3 MILLóNS DE NenOS DESPrAZADOS POLo CONFLITO
Beyond Chibok avalía o impacto que o conflito tivo nos nenos dos 4 países afectados por Boko Haram. O informe sinala que:
- Case 1,3 millóns de nenos víronse desprazados
- Unhas 1.800 escolas están pechadas, xa sexa porque foron destruídas, saqueadas, queimadas ou utilizadas como refuxios para persoas desprazadas.
- Informouse de máis de5.000 nenos non acompañados ou separados dos seus pais.