Sudán do Sur: as chuvias agravan a ameaza de fame
Coas chuvias, o risco de enfermidade aumenta e agrávase a situación das persoas desprazadas pola violencia no campo de desprazados de Mingkaman.
O traballo de UNICEF céntrase agora en dar resposta aos miles de nenos que necesitan axuda e para tratar de evitar a inminente fame en Sudán do Sur.
En abril, máis de 38.000 persoas fuxiron dos enfrontamentos en Bentiu e refuxiáronse neste campo. Máis de vinte nenos morren aquí cada semana como resultado de enfermidades previbles como a diarrea, a malaria, a pneumonía complicadas todas pola desnutrición aguda.
As nais embarazadas dan a luz todos os días aquí sen os coidados e as condicións necesarias.
Sudán do Sur: os nenos, os máis vulnerables
Se non se intensifican os programas nutricionais, 50.000 nenos poderían morrer de desnutrición. Ao redor de 235.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda grave este ano, o dobre que o ano pasado.
Ademais, uns 675.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda moderada. Ata agora, debido ás difíciles condicións, a comunidade humanitaria só puido alcanzar ao 10% destes nenos co tratamento que necesitan.
Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur