Apoia a unha xeración enteira de nenos sirios
As organizacións están a tratar de que o apoio público e dos doadores se centre enprogramas esenciais de educación e protección para sacar os nenos sirios do sufrimento, o illamento e o trauma.
Tamén se lanza unha campaña de mobilización a través de redes sociais co hashtag #niñosdeSiria, para reunir persoas comprometidas e colaboradores públicos.
os nenos de Sirya necesitan todo o apoio
"A medida que o conflito se achega a outro doloroso aniversario, non podemos quedarnos sentados e ver como desaparece toda unha xeración diante de nós", dixo o director executivo deUNICEF, Anthony Lake. "Chegou a hora dos campións dos nenos de Sirya, a hora de que o mundo dea un paso á fronte e proporcione a estes nenos novas esperanzas e confianza no seu futuro,".
"Se lles fallamos a estes
nenos agora, toda unha rexión perderá unha xeración de potenciais
líderes, mestres, enxeñeiros, médicos e, sobre todo, construtores
da paz, dos que depende a esperanza dunha sociedade estable,
próspera e saudable".
Máis dun millón de nenos sirios refuxiados
Máis dun millón de todos os refuxiados sirios son nenos, dos que máis de 425.000 son menores de 5 anos. A gran maioría destes refuxiados fuxiu a Líbano, Xordania, Turquía, Exipto ou Iraq e calcúlase que preto de5.000 nenos quedaron separados das súas familias. Dentro de Sirya hai máis de 3 millóns de nenos desprazados e a súa situación é aínda máis grave.
Educación e protección para os nenos de Sirya
"Os nenos de Sirya teñen tido que soportar diariamente uns horrores e sufrimentos que soamente podemos imaxinar, e os seus sonos de futuro están a punto de esborrallarse", dixo Lake. "Evitar a perda dunha xeración requirirá máis apoio, maiores compromisos e máis audaces, e unha renovada solidariedade para que os nenos non só sobrevivan a este conflito, senón que saian deste coa súa esperanza nun futuro mellor intacta".
Creouse o sitio web específico www.championthechildrenofsyria.org para contar as historias dos nenos afectados polo conflito, e mostrar como o investimento nos nenos pode supoñer resultados importantes non só para as vítimas actuais da guerra, senón para ofuturo a longo prazo de Sirya e da rexión en xeral.