Reforzamos o dereito á educación da infancia migrante en Honduras

Co apoio da Xunta de Galicia, nenas, nenos e adolescentes en tránsito accederán a espazos seguros de aprendizaxe e apoio psicoemocional

Óscar Maradiaga (dereita), especialista en protección, atende a nenos migrantes en Danlí, O Paraíso, na parte oriental do país centroamericano. © UNICEF/UNI480134/Membreño

Óscar Maradiaga (dereita), especialista en protección, atende a nenos migrantes en Danlí, O Paraíso, na parte oriental do país centroamericano. © UNICEF/UNI480134/Membreño

 

Honduras continúa enfrontando unha crise humanitaria complexa e prolongada, impulsada por múltiples factores como a pobreza, a desigualdade, a violencia, os efectos do cambio climático e os movementos migratorios mixtos. Case o 16% da poboación require asistencia humanitaria e, a poboación máis vulnerable, mulleres, nenos, nenas, persoas LGBTIQ+, comunidades indíxenas, persoas con discapacidade e afrodescendentes e garífunas, vese afectada de maneira desproporcionada.

A magnitude do fenómeno migratorio pon en alto risco a supervivencia das persoas migrantes, especialmente de mulleres, nenos, nenas e adolescentes que chegan a Honduras en condicións extremas, produto da dura viaxe e a exposición a diferentes riscos. No último ano, o número de nenas, nenos e adolescentes en tránsito polo país aumentou un 157%, unha cifra alarmante que reflicte a crecente vulnerabilidade de aqueles que vense forzados a migrar en condicións extremas. Esta situación esixe respostas humanitarias urxentes, centradas na infancia, que garantan a súa protección, acceso a servizos esenciais e a continuidade educativa ao longo da súa ruta migratoria.

Apoio da Xunta de Galicia

No marco deste contexto, a Xunta de Galicia está a colaborar con UNICEF Comité Galicia para apoiar a recuperación educativa de nenas, nenos e adolescentes migrantes nos municipios hondureños de Santa Fe e Danlí. Esta colaboración é produto do convenio asinado entre as dúas organizacións o pasado 30 de abril para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes e crises humanitarias.

Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, atenderanse fendas urxentes en educación en emerxencias, promovendo unha acción humanitaria máis coordinada, sostible e centrada nos dereitos da infancia.

Entre as principais accións atópase a instalación de Espazos Amigos da Infancia, contornas seguras e acolledoras onde se brinda apoio psicoemocional, actividades educativas e servizos básicos a nenas, nenos e adolescentes migrantes e ás súas familias. Os Espazos Amigos da infancia ofrecen actividades de recuperación e reforzo académico en áreas clave como matemáticas, lecto-escritura, ciencias, arte e habilidades para a vida. Adicionalmente, estes espazos funcionan tamén como espazos de atención e recuperación psicoemocional. Nestes espazos, a través do xogo e actividades lecto-escritoras e matemáticas, os nenos, nenas e adolescentes poden realizar procesos de apoio e recuperación emocional, acceder a primeiros auxilios psicolóxicos e ser identificados e derivados de maneira segura a outros servizos existentes incluídos atención primaria de saúde, protección e nutrición.

Ademais, distribuiranse kits educativos de emerxencia e materiais impresos como as cartillas “Viaxo e aprendo”, deseñadas para acompañar a nenas e nenos durante a súa migratoria. Estes materiais permiten continuar a aprendizaxe de forma autónoma e traballar o recoñecemento e a xestión emocional, mesmo en contextos sen conectividade.

O noso compromiso coa infancia desprazada

A iniciativa tamén incorpora o uso do Pasaporte de Aprendizaxe, unha plataforma dixital desenvolvida por UNICEF e a Secretaría de Educación de Honduras. Esta ferramenta ofrece acceso gratuíto a contidos educativos desde a primeira infancia ata secundaria e permite a continuidade da aprendizaxe, o desenvolvemento de habilidades e a rastrexabilidade educativa, mesmo en contextos de tránsito prolongado. Actualmente, está a implementarse en puntos clave como Danlí e Ocotepeque, e prevese a súa expansión a outros municipios de alto tránsito.

Esta intervención forma parte do compromiso de UNICEF co Chamamento Humanitario para a infancia desprazada e afectada pola violencia armada en América Latina en 2025 e alíñase co Plan de Resposta Humanitaria de Honduras, que busca protexer e salvar vidas mediante unha asistencia integral.

Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?

Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

Reforzamos o dereito á educación da infancia migrante en Honduras