Mosul: distribuímos auga potable na fronte de batalla
A ofensiva contra a cidade de Mosul continúa. Mentres tanto, algunhas localidades próximas xa foron recuperadas polas forzas de seguridade iraquís. É o caso de Al Houd, onde en UNICEF conseguimos entrar e distribuír auga potable aos miles de familias que quedaron atrapadas neste conflito.
"Isto supón que durante unha
semana logramos axudar a 3.000 nenos e as súas
familias, vítimas deste terrible conflito que arrasou a
maior parte de Iraq", afirma Peter Hawkins, representante de UNICEF
neste país. "Pode parecer un logro pequeno, pero supón unha semana
de respiro para todos os nenos e as súas familias, que xasufriron demasiado".
Zainab fuxiu de Al
Houd coas súas 4 fillas 2 días antes de que chegasen asforzas de seguridade iraquís. Estiveron vivindo
baixo o control do ISIS durante 2 anos. Para esta
muller, ter acceso a auga potable e servizos de
saneamento podería marcar a diferenza entre vivir nun
campo ou volver ao seu pobo.
MOSUL: "QUERO IRME A CASA
"Quero irme acasa, coa miña familia, que as
miñas fillas volvan ao colexio, e conseguirroupa para todos", di esta nai.
Cando o ISIStomou o control do pobo, tamén se apropiou da casa de Zainab e
usouna como oficina. Durante os últimos 2 anos,
ela e as súas fillas viviron con familiares. Pero nunca sentiu a
salvo.
"Vivimos atemorizadas, famentas e
con necesidades todo o tempo. Estaba asustada polas miñas fillas
porque teño 4 nenas, e tiña medo de que llas
levasen, como fixeron noutros pobos", di mentres envolve ás súas
novas fillas co seu brazo protector.
"O meu fillo ten 6
anos, así que non llo levaron. Pero a outros mozos maioresrecrutáronos, ou se lles adestrou para serinformadores para as partes en conflito",
contaba.
MOSUL: QUe ESTAMOS a fACEr DESDE UNICEF?
Neste contexto, desde
UNICEF estamos a traballar sen descanso para atender aosnenos e familias afectados pola violencia en Mosule os seus arredores. Entre as nosas accións en terreo atópanse:
Distribución de auga e
servizos de saneamento.
Equipos de vacinación de
emerxencia e de apoio psicosocial listos para chegar aos
nenos nunha maior situación de vulnerabilidade.
Planificación de espazos
amigos da infancia nos campos de emerxencia establecidos
para as persoas desprazadas polo conflito.
"Moitos destes nenos
están en estado de shock, todo o que necesitan é
un espazo seguro para xogar, aprender e crecer",
conta Peter Hawkins.
MOSUL: NenOS e FAMILIAS ENFERMAN POR BEBER AugA SUCIA Do
RÍO
Durante as últimas semanas,
moitos dos nenos e familias de Al Houd enfermaron
despois de verse forzados a beber auga sucia do
río.
A pesar das terribles condicións
das estradas, as cegadoras nubes de po e a proximidade da fronte de
batalla, desde UNICEF, xunto á organización WEO, distribuímos
suficientes botellas de auga como para1.500 familias por semana e kits de hixiene conbidóns, xabón e deterxente.
Agora avaliaremos as necesidades
dos nenos e familias no Al Houdpara traballar nunha solución a máis longo prazo para a
cidade.
E cada día, cada semana, imos
proporcionar auga potable, duchas e letrinas a
aqueles que máis o necesitan. Imos traballar para mellorar a vida
de nenos e familias dondequiera que o necesiten.