Ampliamos o noso compromiso coa infancia en Haití para frear o avance do cólera

Nenos, nenas, familias e centros de saúde reciben subministracións sanitarias e para a desinfección da auga co apoio da Deputación de Pontevedra

Tras recuperarse do cólera, esta nena lávase as mans antes de saír do centro de saúde Saint Michel de l'Attalaye, no departamento de Artibonite.

Tras recuperarse do cólera, esta nena lávase as mans antes de saír do centro de saúde Saint Michel de l'Attalaye, no departamento de Artibonite. © UNICEF/UNI435656/Joseph

18/08/2025

Haití continúa enfrontando unha das crises humanitarias máis complexas do mundo. A fráxil transición política, a escalada de violencia por parte de grupos armados, o colapso socioeconómico e graves riscos ambientais dan como resultado desprazamentos forzosos e importantes riscos de protección para nenos, nenas, mulleres e comunidades vulnerables. Estímase que arredor de 6 millóns de persoas, incluídos 3,3 millóns de nenos e nenas, requiren asistencia humanitaria.

Na actualidade, 703.000 persoas, entre elas máis de 350.000 nenos e nenas, atópanse desprazadas internamente. Mentres que moitos están asentados en comunidades de acollida nos departamentos do sur, a maioría dos desprazados en Porto Príncipe viven en lugares de desprazamento superpoboados e insalubres. Ademais, a presenza de grupos armados e o control de todas as rutas nacionais segue obstaculizando o acceso humanitario en todo o país, illando rexións da capital e aumentando os custos loxísticos operativos.

Máis de 5 millóns de persoas enfróntanse a unha inseguridade alimentaria aguda, con focos de fame emerxentes, especialmente entre as poboacións desprazadas. A desnutrición alcanzou limiares de emerxencia, con máis de 125.000 nenos e nenas menores de 5 anos en risco de desnutrición aguda grave.

Preto do 35% da poboación haitiana aínda carece de acceso a auga potable. En 2024, as infraestruturas esenciais de auga, saneamento e hixiene no departamento de Ouest colapsaron debido á violencia armada e ó desprazamento.

Desde outubro de 2022, o país enfronta un brote persistente de cólera, exacerbado polo colapso do sistema de atención sanitaria, as prácticas de hixiene inadecuadas e a falta de auga e infraestruturas de saneamento, dando como resultado un total de 87.000 casos sospeitosos, incluídos 4.861 casos confirmados. A pesar dos esforzos de contención, a OMS reportou en marzo de 2025 case mil casos sospeitosos en todos os departamentos, incluídos sete confirmados nas rexións Oeste e Centro.

Compromiso da Deputación de Pontevedra

Por segundo ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra comprométese con UNICEF na loita contra o cólera centrando o seu apoio nos departamentos de Ouest, Artibonite e Centre, onde a enfermidade tivo maior impacto. UNICEF reforzará a súa resposta mediante a distribución de subministracións esenciais a familias e centros de saúde, co obxectivo de previr novos contaxios e atender persoas con sospeita de ter contraído a enfermidade.

A intervención recolle a entrega de kits de hixiene, materiais para a desinfección da auga, medicamentos, caixas de primeiros auxilios, subministracións para dar resposta ó nexo desnutrición-cólera e recursos para a sensibilización comunitaria. Esta acción enmárcase nunha estratexia integral que busca reducir a transmisión da enfermidade, mellorando o acceso a servizos básicos de auga, saneamento e hixiene nas comunidades máis vulnerables.

"A vida de millóns de nenos e nenas en Haití está en grave risco debido á inestabilidade, a violencia, a pobreza extrema, a desnutrición e o rexurdimento do cólera. A infancia, especialmente en casos de desnutrición aguda, é a máis vulnerable ante esta enfermidade", sinala Irene Marín, coordinadora de UNICEF Comité Galicia.
 

“Agradecemos o compromiso da Deputación de Pontevedra, que por segundo ano consecutivo apoia a nosa resposta humanitaria en favor dos nenos e nenas máis vulnerables”, concluye Marín.

Fondo de Emergencias

Ayúdanos a estar preparados ante una emergencia.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 500 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

Donar por transferencia bancaria:
BANCO SANTANDER ES26 0049 1804 16 2610410756